O deputado de Cultura, Jorge Cubela, mantén un encontro con responsables do Museo do Pobo Galego

15/04/2024

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, reuniuse este luns con responsables do Museo do Pobo Galego. No encontro de traballo exploraron as posibilidades de impulsar proxectos comúns entre ambas as entidades e de abordar novas liñas de colaboración a prol da cultura e en beneficio da cidadanía da provincia. Neste sentido, o deputado provincial recordou que o Museo do Pobo Galego recibe unha subvención nominativa de 6.000 da Deputación de Pontevedra para impulsar actividades culturais.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.