A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste en Sanxenxo á final do ITF World Tennis Tour M15

28/04/2024

Luisa Sánchez asiste en Sanxenxo á final do ITF World Tennis Tour M15

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de asistir no Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo á final do ITF World Tennis Tour M15, unha cita na que desde o pasado domingo participaron máis de 500 tenistas internacionais e, entre eles, algunhas das principais promesas do tenis. Neste eido, Sánchez felicitou a La Cultural de Sanxenxo pola súa capacidade de organización dunha proba “do máis alto nivel” e tendeu as mans da Deputación de Pontevedra para colaborar coa entidade, “pois é un obxectivo prioritario do Goberno provincial converter a esta provincia no escaparate mundial do deporte”.