A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o compromiso da Deputación co deporte na presentación do VIII Challenge As Rías Baixas

29/04/2024

A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Porriño na presentación do VIII Challenge As Rías Baixas, que se celebrará esta fin de semana e que contará con tres etapas, con saída dos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño, respectivamente. A proba, organizada polo club ciclista Máster da Louriña é, en palabras da vicepresidenta, “unha das probas ‘top’ do ciclismo máster a nivel nacional, tanto pola súa estrutura como pola súa organización e a contorna na que se desfruta”.

No acto, no que tamén se presentou o Trofeo Horacio Barros, “outro gran clásico do deporte da provincia”, Luisa Sánchez lembrou que probas como esta “son un dos mellores escaparates para Pontevedra, porque mostran non só a súa paisaxe e idiosincrasia, tamén todos os elementos que definen a esta provincia e ás súas xentes”. Ademais, remarcou o compromiso da Deputación co deporte e por traer “iniciativas que dinamizan o noso territorio. Queremos, e podemos, colocar á provincia no escaparate mundial do mellor ciclismo, porque temos capacidade para acoller probas de primeiro nivel”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.