DEPOrte Escolas 2017-2018

Aberto o prazo de inscrición

As DEPOrte Escolas é un programa, totalmente gratuíto, destinado a nenos e nenas de entre 5 e 15 anos de toda a provincia, para que teñan a posibilidade de practicar o seu deporte preferido. 

A única condición que tendes que cumprir para a inscrición é ter entre 5 e 15 anos e ter moitas ganas de practicar deporte.

A partir do 4 de setembro podedes inscribirvos nas modalidades deportivas das DEPOrte Escolas, que para este curso 2017-2018 serán: balonmán, fútbol, taekwondo, patinaxe, judo, rugby, marcha, piragüismo e baloncesto

Consulta que disciplinas tes no teu Concello. Tamén tes a posibilidade de inscribirte en escolas doutros municipios.

Podes descargar o formulario de inscrición e  entregalo  en calquera dos rexistros da Deputación ou nos das oficinas do ORAL ou en deportes@depo.es.

Se queres practicar outra disciplina que non estea incluída nas DEPOrte Escolas, por favor faino constar na folla de inscrición. Se xuntamos máis de 15 persoas interesadas en practicar esa disciplina no mesmo Concello poderíase abrir unha nova DEPOrte Escola.

Lista de nenas e nenos admitidos

Clausura das Deporte Escolas 2016-2017

0 - 0 de 0 albumes existentes

  • Rugby
    Rugby
  • Patinaxe
    Patinaxe
  • Fútbol
    Fútbol
  • Judo
    Judo
  • Balonmán
    Balonmán