Noticias
En ruta coa depo

Máis de 100 persoas participan esta semana en dúas excursións do programa "En ruta coa Depo"

As veciñas e veciños dos concellos de Vigo e Baiona realizarán visitas guiadas a lugares e monumentos de especial interese e cun alto valor turístico


14 novembro 2017

O programa da Deputación de Pontevedra "En ruta coa Depo" realiza esta semana dúas novas saídas que contan coa participación de 104 persoas da Asociación Galega San Francisco, de Vigo, e da asociación de viúvas Mercedes de la Escalera, de Baiona. As excursións, que terán lugar o mércores 15 e o venres 18 de novembro, permitiranlles coñecer novos lugares da provincia de Pontevedra.

A primeira excursión xuntará a 49 persoas da Asociación Galega San Francisco que poderán coñecer o conxunto histórico de Cuntis (Praza das Árbores, Casa Grande dos Castro etc.), o miradoiro do parque Maráns, o castro de Castrolandín e o conxunto histórico de Caldas de Reis (fonte das Burgas, ponte romana, xardín botánico e carballeira).

Pola súa banda, o venres 17 de novembro, 55 persoas da asociación de viúvas Mercedes de la Escalera farán unha ruta cultural e visitarán o conxunto histórico de Salvaterra de Miño, o parque da Canuda, o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea de Arbo e as pesqueiras do Miño.

O programa En ruta coa Depo pretende crear espazos de unión e convivencia ao impulsar a igualdade de acceso aos recursos turísticos, especialmente para as persoas con diversidade funcional. Ademais, esta iniciativa ten por obxectivo fomentar actividades alternativas para o tempo de lecer xuvenil, promovendo o asociacionismo entre a xuventude e o ocio dinámico e saudable; así como promover rutas específicas onde nais, pais, titoras e titores poidan gozar coas nenas e os nenos dun ocio común, san, alternativo e divertido que faga doada a conciliación familiar e laboral durante as fins de semana ou no período estival.


Novas relacionadas

En ruta coa depo

19 agosto 2017, o grove, cambados, castelo de soutomaior, redondela, deputacion de pontevedra, data de inicio, en rutacoa depo, illa da toxa, illas cíes, san simon