Noticias
Club de Remo de Tui

Carmela Silva recibe aos campións de España do Club de Remo Miño de Tui


11 agosto 2017

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu hoxe a unha representación dos remeiros do Club Remo Miño de Tui que tiveron unha actuación moi destacada no campionato de España celebrado en Sevilla.

Carmela Silva subliñou o orgullosa que sentíase dos case que trinta remeiros e remeiras que participaron no campionato de España e o seu gran papel ao acadar varios medallas de ouro, prata e bronce.

En concreto, Jesús González e Rodrigo Conde obtiveron un ouro na modalidade de "2 absoluto"; tamén obtiveron un ouro os "Veteranos 4" con Baltasar Márquez, Camilo Abal, Enrique Pena, Julio Alonso e Raquel Comesaña; unha medalla de prata en "8 absoluto" con Rodrigo Conde, David Prada, Sergio Pérez, Gonzalo Pérez, Oscar Alonso, Francisco Alvarez, Jesús González, Jaime de Haz e Raquel Comesaña; e un bronce en "4 absoluto" con Jorge André, Cristian Fernández, Iago Izquierdo, Damian Alonso e Nadide Fernández. Os remeiros Jesús González e Rodrigo Conde bateron  ó récord de España nesa modalidade, moi preto do récord do mundo.

Silva destacou o alto nivel acadado polo Club de Remo Miño de Tui e animou aos deportistas a manter esa esixencia e esforzo para seguir levando o nome da provincia de Pontevedra a todos os campionatos e acadar sempre uns resultados tan bos como os logrados en Sevilla.

O vicepresidente do club, José Prada, que estivo acompañado polo presidente do club, José Luis Méndez, agradeceu a Carmela Silva o recoñecemento feito aos deportistas con esta recepción "xa que este ano é a primeira institución que nos recibe tras estes éxitos".


Outras novas

DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións
Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende