Noticias
Carretera Berredo-Brantega

A Deputación ultima os traballos de sinalización horizontal nas estradas de Lalín

No día de hoxe a empresa adxudicataria pintou as estradas de Agolada e na vindeira semana iniciarase a sinalización en Rodeiro e Dozón


14 xullo 2017

As estradas da Deputación nas comarcas do Deza están xa na última fase de traballos de repintado. No día de hoxe a empresa adxudicataria dos traballos de mellora da sinalización horizontal nas estradas provinciais estivo realizando os pintados das estradas EP-6302 e EP-6304 entre Berreo-Brántega e Orrea-Val-Brocos executando o marcado das liñas de borde, eixo e pasos de peóns, e a vindeira semana pasará á EP- 60110 en Lalín entre As Lamas, Moimenta e Ventosa e as vías provinciais de Rodeiro.

Nesta semana realizáronse os traballos de repintado nas estradas de Lalín  EP-6001 8 Lalín-Botos-Gresande), EP-6009 (Lalín-O Rodo-Brántega), EP-6006 (Bermes-Palmou), e EP-6007 (A Goleta-Cercio-O Rodo-Brántega). Para a semana próxima a brigada de obra pasará a Lalín na EP-6010 (As Lamas-Moimenta-Ventosa) e aos concellos de Rodeiro e Dozón (nas estradas EP-6201, EP-6204, EP-6205,  EP-6101, EP-6104 e EP-6106).

Os traballos de pintado de vías contratados pola institución provincial na zona norte da provincia comezaron polo concello da Estrada, onde xa se melloraron varias vías. Nestes momentos os operarios da empresa adxudicataria están xa no concello de Lalín, onde se repintarán 109,6 quilómetros de sinalización en cinco estradas de titularidade da Deputación, tal e como estaba previsto no plan global de actuación para toda a provincia.

O plan de mellora da sinalización horizontal promovido polo Departamento de Mobilidade que dirixe Uxío Benítez beneficiará a 226 estradas de titularidade provincial, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede da Deputación, cunha lonxitude de 2.577 quilómetros de pintados. Tivo un orzamento xenérico de saída de 1,7 millóns de euros e foi adxudicado en catro lotes por un total de 1.409.319 euros.

A mellora da sinalización horizontal, segundo asegura Benítez, enmárcase na nova filosofía do Departamento de Mobilidade da Deputación que aposta pola mobilidade sustentable na que a seguranza viaria é un eixo clave. O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas.


Novas relacionadas

Plan concellos

02 agosto 2017, lalín, plan concellos, deza, plan concellos 2017
estrada pintada

26 xuño 2017, a estrada, deza, estudo mobilidade, plan móvese, tabeirós, deza-tabeirós, estradas da deputación, rozas, uxio benitez

Outras novas

Workshop AECLab

20 setembro 2017, madrid, uxío benítez, deputación de pontevedra, aeclab, workshop, asociación española de la carretera
DepoRuarte Silleda

20 setembro 2017, silleda, deporuarte, 2017, deputación de pontevedra
Uxío Benitez

19 setembro 2017, uxío benitez, aeclab, asociación española de la carretera en madrid, futuro da mobilidade, workshop