Volve a Tetería da Deputación de Pontevedra

Volve a Tetería da Deputación de Pontevedra

Esta fin de semana no salón gourmet 'Etiqueta Negra' tes unha nova oportunidade para coñecer a fondo os distintos tipos de té, a súa procedencia, as súas características e o forma correcta de preparación.

Inscríbete no Obradoiro de Té e participa nunha degustación comentada da man de especialistas neste produto.

Sesións a cargo de Laura Rodríguez. Sumiller de té
Duración: 1 hora 30 minutos
Espazo: Tetería da Deputación de Pontevedra
Número de asistentes: máximo 20 persoas

Horarios:

Sábado 28 de outubro

  • De 18:00 a 19:30 horas

Domingo 29 de outubro

  • De 12:00 a 13:30 horas
  • De 18:00 a 19:30 horas

Luns 30 de outubro. Sesións a cargo de Alicia Colmenar. Sumiller de té

  • De 12:00 a 13:30 horas
  • De 18:00 a 19:30 horas

Inscricións: para participar neste obradoiro é necesario inscribirse previamente na propia Tetería, que teremos instalada no salón gourmet 'Etiqueta Negra'. Recinto Feiral de Pontevedra. 28,29 e 30 de outubro