Entidades locales menores

Vilasobroso

Comprende a parroquia de San Martiño de Vilasobroso. Anteriormente o seu nome era San Martiño de Portela, ata que se aproba en 1936 o cambio de denominación. Durante o Antigo Réxime integraba a xurisdición de Sobroso, baixo o señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra.

Recoñécese como Entidade local menor o 13 de setembro de 1924. O primeiro alcalde pedáneo foi Alejo Carrera Muñoz, nese momento señor do castelo de Sobroso. Ó principio denominouse Entidade local menor de Portela ata o cambio de nome antes sinalado, que solicitou a propia entidade.

Actualmente esta parroquia forma parte do concello de Mondariz. Nela atópase o castelo de Vilasobroso ou Sobroso, hoxe propiedade do concello de Ponteareas. Destacan así mesmo o edificio do mercado e o cemiterio.

A parroquia ten unha superficie de 5,18 quilómetros cadrados onde residen 452 veciños. Consta dos seguintes lugares: O Cruceiro, A Pena, Saniñáns, Vegadraga e Vilasobroso.

 

Enlaces