AVISOS
AS BASES DO NOSO GOBERNO
  • Participación cidadá
    Co obxectivo de conseguir a maior proximidade entre a poboación e a representación política da Deputación; alcanzando unha democracia participativa na que as e os cidadáns formen parte da toma de decisións que influirán no conxunto da sociedade
  • Os nosos compromisos
    A Deputación de Pontevedra cumpre un código de boa conduta e bo goberno asumindo competencias propias da Administración, defendendo os intereses de toda a provincia, traballando pola inclusión social e a pluralidade, e actuando con lealdade á democracia
  • Política de transparencia
    Toda a información a disposición da cidadanía como un dereito que garante o bo funcionamento do noso goberno: a eficacia nas actuacións, a eficiencia de xestión; asegurando e mellorando día a día todos os servizos prestados
TRANSPARENCIA
  •  
    Información institucional
  •  
    Dereito de acceso á información
  •  
    Información económica e orzamentaria

Información relativa á estrutura e organización do ente provincial con datos de interese sobre o persoal da Corporación, cargos electos e outros representantes. Ademais, neste espazo se recolle tamén información sobre os diferentes departamentos e servizos en marcha, patrimonio institucional, identidade corporativa, normas de actuación e reglamentación, e política de calidade da Deputación de Pontevedra.

Todas as persoas teñen dereito ao acceso á información pública que obren en poder da administración sen necesidade de solicitude previa, e con carácter xeral, de forma gratuíta. Este dereito de acceso garante a transparencia das institucións públicas así como o seu correcto funcionamento, asegurando ademais que a cidadanía participe da vida pública institucional.

Un espazo destinado á publicación dos contidos de relevancia económica, financeira  e orzamentaria que afectan ao goberno da Deputación de Pontevedra. O organismo provincial pon de manifesto o compromiso pola transparencia e o acceso aos datos, poñendo a disposición de toda a cidadanía  información como convenios, subvencións, perfil do contratante, execución de orzamentos, contas xerais, ou liquidacións, entre outros; cumprindo coas leis autonómica e estatal sobre Transparencia e Bo Goberno.

RECURSOS EN LIÑA