Ano Castelao

Teatro

O Ano Castelao non pode deixar de lado o Teatro, unha disciplina coa que o autor rianxeiro sempre tivo unha especial relación, traballando no eido da escenografía e a prol da creación dun teatro galego. Neste ano cúmprese ademais o 75 aniversario da estrea da súa única obra de teatro: 'Os vellos non deben de namorarse'.

A Programación de Teatro do Ano Castelao chegará aos 62 concellos da provincia co obxecto de complementar as súas programacións culturais. Trátase de obras representadas por 5 compañías, que en conxunto suman un total de 92 representacións.

Obras e compañías participantes:

  • 'A lingua na boca. Letras, Riscos e Pensamentos de Castelao'. Limiar Teatro
  • 'Retrincos de Castelao'. Culturactiva
  • 'Que comerá o rei?'. Cándido Pazó
  • 'Pegadas de Castelao'. Migallas
  • 'Os vellos non deben de namorarse'. Teatro do Morcego

Programa (pdf)