Entidades locales menores

Queimadelos

Comprende a parroquia de Santa María de Queimadelos, que pertence ó concello de Mondariz. Durante o Antigo Réxime integraba a xurisdición de Sobroso, baixo o señorío do marqués de Sobroso e conde de Salvaterra.

Constitúese como Entidade local menor o 21 de febreiro de 1935. A entidade ten un edificio propio, construído entre 1963 e 1966, onde se xestionan os seus servizos.

É unha pequena parroquia rural, cunha superficie de 2,12 quilómetros cadrados na que residen 155 veciños. Consta unicamente de dous lugares: A Armada e Aqueleido.

 

Enlaces