protura

PROTURA

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é mellorar o coñecemento entre os profesionais do sector turístico (empresariado e persoal) do que significa turismo sustentable, achegando estratexias e ferramentas para mellorar a sustentabilidade dun destino ou empresa turística, analizando as diferentes acreditacións dispoñibles e dando exemplos de boas prácticas.

Resumo do proxecto

O proxecto está destinado a aquelas empresarias e empresarios turísticos do contorno da Rede Natura interesados en mellorar o seu desempeño en sustentabilidade e en acceder a este interesante nicho de mercado. Resultará de utilidade para o persoal que oriente o seu traballo cara a este segmento da industria turística.

O proxecto pretende informar, formar e asesorar sobre os principios do turismo sustentable para que poidan traducirse en prácticas de xestión. Estes principios teñen como propósito minimizar os impactos negativos e maximizar os beneficios da actividade turística no ámbito sociocultural, ambiental e empresarial. O proxecto consta de cursos de formación a distancia e mixta, e dun asesoramento mixto.

Impartiranse 8 tipos de accións, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:

Turismo rural sustentable

Capacitar as empresarias e empresarios e o persoal do sector turístico en relación ás técnicas de xestión nas que se basean os principios do turismo sustentable. Das 6 accións formativas recollidas neste punto, 2 correspóndense coa modalidade a distancia a través dunha plataforma de teleformación e as 4 restantes con formación mixta, combinando a teleformación coa modalidade presencial.

Temática:

  1. Concepto de sustentabilidade
  2. Impactos do turismo. Turismo e medio ambiente
  3. A sustentabilidade no sector turístico
  4. A xestión de empresas turísticas. Claves e características do turismo sustentable
  5. Axudas e subvencións. Acreditacións. Aspectos legais
  6. Características socioeconómicas das zonas obxectivo (formación a distancia)
  7. Potencial endóxeno dos recursos das zonas obxectivo e identificación dos produtos máis relevantes desas zonas (formación a distancia)
  8. Exemplos de boas prácticas de sustentabilidade

 

Asesorías de turismo sustentable

Son accións específicas de apoio ao persoal encamiñadas a mellorar a súa situación no mercado de traballo en temas ambientais. Os asesoramentos compóñense de 2 tipos de accións e lévanse a cabo de forma individual e personalizada, cunha parte presencial e outra a distancia (xa sexa vía telefónica ou vía correo-e), nas que a cada persoa asesorada se lle abre un expediente onde figuran os seus datos persoais, o problema ou cuestión exposta e un plan de actuación que recolle a solución achegada.

Contido das asesorías:

  1. Características socioeconómicas da zona
  2. Valorización do potencial endóxeno dos recursos da zona
  3. Identificación dos produtos máis relevantes da zona
  4. Lexislación actual vixente, axudas e subvencións dispoñibles
  5. Xestión das empresas turísticas

 

CONVOCATORIA

Programa "Empleaverde" 2017 (Fundación Biodiversidade)

Eixe

Mellora

Temática ambiental

Turismo sustentable

Socios

  • Deputación de Pontevedra (beneficiario)
  • UPA Castela-A Mancha (colaborador)

Orzamento

  • Orzamento total: 91.745,06 €
  • Orzamento cofinanciado polo FSE: 73.396,05 €
  • Achega da Deputación (15 % do orzamento total): 13.761,76 €

Cofinanciamento

Máximo de cofinanciamento do 80 % do FSE

Comunidades autónomas onde residen as persoas destinatarias

Galicia e Castela-A Mancha

Provincias onde residen as persoas destinatarias

Pontevedra, Toledo, Cuenca, Albacete, Guadalaxara, Cidade Real

Logos del proyecto