II Premios Sofía Novoa

II Premios Sofía Novoa

A Deputación de Pontevedra, dentro das súas múltiples liñas de actuación na promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, potencia un ano máis a realización de traballos de fin de grao e fin de máster nos que se integre a perspectiva de xénero.

Consciente da importancia da investigación e do estudo do significado e o alcance da igualdade entre mulleres e homes, que redunda en beneficio do progreso e do benestar do conxunto da sociedade, convoca a segunda edición dos Premios Sofía Novoa Ortiz á Inclusión da Perspectiva de Xénero nos Traballos de Fin de Grao e Fin de Máster

Obxectivo: fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e fin de grao realizados na Universidade de Vigo, nos campus de Vigo e de Pontevedra.

Persoas beneficiarias: alumnado da Universidade de Vigo pertencente aos campus de Pontevedra e Vigo.

Presentación de solicitudes e entrega de traballos: farase a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). O prazo de presentación finaliza o 27 de outubro de 2017 e a data límite para a entrega dos traballos por vía telemática é o 3 de novembro de 2017.

Nota importante: Oficinas de rexistro con horarios actualizados