Concurso de ideas para a construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova da Cerveira

Concurso de ideas para a construción da ponte peonil que unirá Tomiño e Vila Nova da Cerveira

Convocatoria do concurso de ideas, con intervención de xurado, para a selección de tres propostas de estudo técnico que sirva de base para a redacción do proxecto construtivo dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o río Miño, entre os parques Espazo Fortaleza, en Goián-Tomiño, e o Castelinho, en Vila Nova da Cerveira.

Cada unha das propostas gañadoras recibirá unha prima de participación de 9.000 euros. Posteriormente, as tres propostas gañadoras serán convidadas a participar na segunda fase, que consistirá nun procedemento negociado sen publicidade para a contratación do servizo de redacción do anteproxecto da ponte. O xurado terá en conta na súa valoración aquelas propostas que mellor resolvan os requirimentos paisaxísticos, funcionáis, estéticos, de relación coa contorna e a súa natureza e/ou de sostibilidade.

O prazo de presentación é de 60 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

Documentación en portugués

Nota: Co obxecto de facilitar o acceso e a correcta localización deste expediente no Perfil do Contratante, integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público, infórmase que o referido Concurso de Ideas figura no Perfil do Contratante co número de expediente 2017015427, mantendo a mesma denominación (BOPPO 31/08/2017)