Polígono Outeda Curro

Polígono industrial Outeda-Curro (Barro)

A Deputación de Pontevedra pretende dar resposta á importante demanda de solo industrial na provincia, fundamentalmente no contorno das áreas urbanas, onde a súa carencia obstaculiza o desenvolvemento económico equilibrado. Neste contexto resultou prioritario crear parques de reserva empresarial, para ampliar, deste xeito, o horizonte de oportunidades existentes e atraer investimentos empresariais que contribúan ao incremento económico e, por extensión, aumenten as oportunidades laborais e o grao de expresión social.

Neste marco a Deputación (na permanente función que ten encomendada de cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e de planificación estratéxica no territorio provincial que lle atribúe o artigo 36 d) da Lei 1/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, tras a modificación operada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas para a modernización do Goberno local) debe erixirse como un axente dinamizador de promoción de solo industrial, planificando a medio-longo prazo a creación e ordenación deste tipo de solo na provincia, para garantir maiores niveis de investimento que poidan traducirse nun futuro nunha mellora de actividades innovadoras e na asignación de recursos no campo da I+D, dotando a provincia de infraestruturas necesarias que permitan atraer investimentos empresariais, así como o incremento de oportunidades laborais.

Unha vez adxudicadas e rematadas as obras de urbanización, póñense a disposición dos sectores empresariais que requiren solucións á carencia de solo industrial as 76 parcelas resultantes do proxecto de parcelamento, en réxime de concorrencia, sen interferir mediante a concesión de axudas que desvirtúen o interese público da actividade económica de promoción e xestión do solo industrial.

Persoas de contacto:

Para cuestións administrativas: o técnico-colaborador do polígono industrial Outeda-Curro (Barro). Teléfono: 986 804 100 (ext. 40395/40671). Correo electrónico: mariano.gomez-ulla@depo.es.

Para cuestións técnicas do polígono: o enxeñeiro do Servizo de Mobilidade. Teléfono: 986 804 100 (ext. 40440). Correo electrónico: manuel.gonzalez@depo.es.