Perfil do contratante

Perfil de contratación

Ponse en coñecemento das empresas, administracións, organismos e interesados en xeral que, tal e como dispón o artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, en cumprimento do establecido na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, o perfil do contratante da Deputación de Pontevedra se integra na Plataforma de Contratación do Sector Público, pasando a xestionarse e difundirse exclusivamente por medio desta.

Por este motivo a partir do 15 de decembro de 2014 os procedementos de contratación da Deputación de Pontevedra publícanse unicamente na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado.

Plataforma de Contratación