Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Varias prazas de persoal funcionario incluídas na oferta de emprego público do ano 2016 e reservadas á quenda de promoción interna

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2016

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no BOPPO e o extracto no Diario Oficial de Galicia

  • Cinco prazas de administrativa ou administrativo de Administración xeral por quenda de promoción interna
  • Dúas prazas de auxiliar de Administración xeral por quenda de promoción interna
  • Dúas prazas de educadora ou educador por quenda de promoción interna
  • Unha praza de oficiala ou oficial de cafetería por quenda de promoción interna