La experiencia de las mujeres en el mundo del vino

Xornada "A experiencia das mulleres no mundo do viño"

A Deputación de Pontevedra, dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, organiza unha xornada para visibilizar o traballo das mulleres na viticultura, creando un espazo de encontro no que compartir experiencias e testemuños de mulleres que participan no proceso de investigación, elaboración e comercialización do viño en Galicia.

Con motivo de que este ano Cambados é a Cidade Europea do Viño, a xornada desenvolverase no Auditorio desta localidade (sesión de mañá) e nas Bodegas Martín Códax (sesión de tarde) o vindeiro 10 de xuño.

As prazas son limitadas; poderá inscribirse ata un máximo de 100 persoas

Ademais de exposicións e unha mesa de experiencias, nesta xornada realizarase unha cata e unha visita ás Bodegas Martín Códax (ver programa).

Para reservar a túa praza deberás cubrir e enviar o formulario de inscrición que figura a continuación.

Unha vez recibidos os formularios de inscrición confirmarémosche, á maior brevidade posible, a túa inscrición ou, de ser o caso, a dispoñibilidade de prazas a través do correo electrónico.

Inscrición gratuíta, prazas limitadas
Data límite de inscrición: 6 de xuño de 2017

Programa (pdf)

Persoas destinatarias

Persoas interesadas en compartir experiencias, coñecementos e boas prácticas no sector vitivinícola, preferentemente:

  • Mulleres profesionais do sector
  • Mulleres emprendedoras do sector
  • Mulleres que queiran orientar o seu desenvolvemento persoal e profesional cara a este sector
  • Persoal de organizacións públicas e privadas
  • Orientadoras e orientadores laborais e profesionais afíns
  • Persoas con interese no eido do viño

Para máis información contacta co Servizo de Igualdade a través do correo electrónico igualdade@depo.es ou escolamariavinyals@depo.es ou no teléfono 986 804 100 (ext. 40870)

10-06-2017 Xornada A experiencia das mulleres no mundo do viño