Luis López recibe no Pazo provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria do CEIP de Ponte Sampaio

22/04/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns as alumnas e os alumnos de terceiro e cuarto de educación primaria do CEIP de Ponte Sampaio, que realizaron unha visita educativa ao Pazo provincial nesta mañá.

O mandatario provincial explicoulles ás trinta e catro nenas e nenos do colexio pontevedrés como funciona o organismo provincial e resolveu todas as dúbidas que lle formularon as e os escolares