Noticias
O tramo de rúa entre Ordóñez e a Corredoira ten carácter residencial polo que os peóns teñen prioridade sobre os vehículos

O tramo de rúa entre Ordóñez e a Corredoira ten carácter residencial polo que os peóns teñen prioridade sobre os vehículos


05 xuño 2017
Tui

O tramo de rúa comprendido entre a rúa Ordóñez e  Paseo da Corredoira ten carácter residencial tal e coma indica o sinal instalado nos últimos días. Isto significa que neste vial teñen preferencia os peóns sobre os vehículos.  Nesta zona aplícanse regras especiais de circulación, de tal xeito que os vehículos non deben circular a máis de 20 km/h e os condutores deben dar prioridade aos peóns.

A instalación deste sinal obedece as características deste tramo de rúa que atravesa a zona de paseo na Corredoira polo que camiñan polo mesmo un importante número de peóns.  


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa