Noticias
Equipo de goberno

O equipo de goberno de Tui finaliza o expediente para a apertura da primeira fase da rúa Ourense

O expediente expropiatorio será sometido a exposición pública durante en mes. É a primeira expropiación realizada polo Concello nos últimos 25 anos.


07 xullo 2017

O equipo de goberno de Tui vén de rematar a tramitación do expediente de cara a apertura da primeira fase da rúa Ourense. Nos próximos días, tras a súa publicación nos boletíns oficiais, someterase a información pública durante un mes tempo no que se poderán presentar alegación.  De forma paralela dende o Concello remitiuse xa a notificación aos propietarios dos dous inmobles afectados que será preciso derrubar. Tras a resolución das alegacións que se poidan presentar o Concello de Tui levará a cabo o pago das expropiacións e se redactará a acta de ocupación previa á licitación da obra. A execución deste proxecto – prioritario para o goberno local - suporá o investimento de máis de 984 mil euros, para os que se habilitou crédito con cargo ao remanente de tesourería. Será a primeira vez en 25 anos que o Concello de Tui leve a cabo unha expropiación para a execución dunha obra de interese xeral, logo das realizadas para a construción do Paseo Fluvial sendo alcalde Miguel Capón nos anos 90.

Deste xeito en breve prazo o equipo de goberno de Tui fará realidade este proxecto ambicionado durante décadas pola cidadanía tudense, e que marcará un antes e un despois na ordenación do tráfico urbano no centro da cidade.  Esta primeira fase conectará a rúa Ourense dende a rúa Colón até a rúa O Rosal.

Para completar esta actuación o goberno municipal conta xa co proxecto da segunda fase da apertura da rúa Ourense que enlazaría a mesma coa Avenida da Concordia. No mesmo contémplase un vial de 160 metros de lonxitude por 21 metros de ancho, a expropiación de dúas vivendas situadas no enlace entre a rúa Ourense e a Avenida da Concordia, así coma dunha franxa da Finca Patazumba, onde amais será preciso trasladar o canizo existente. O orzamento total do proxecto desta segunda fase ascende a 1.042.225 € dos que 632.037€ corresponden a execución da obra e 410.188€ ás expropiacións.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións