Noticias
Cartel de visitas guiadas

Mañá comezan as visitas culturais á cidade histórica de Tui

De luns a venres realizaranse ás 12h e ás 20h e os sábados, domingos e festivos ás 20h


24 xullo 2017

Mañá martes, 25 de xullo, comezan as visitas culturais á cidade histórica de Tui. Celebraranse de luns a venres ás 12h á cidade medieval, e ás 20h ao barrio xudeu. Mentres os sábados, domingos e festivos terán lugar ás 20h cun percorrido pola cidade histórica.

Estas visitas organizadas polo Concello de Tui  teñen carácter gratuíto e unha duración estimada de 60 minutos. O punto de partida é o Punto de Información Turística na praza da Inmaculada. Correrán a cargo do historiador tudense Suso Vila.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións