Noticias
Campus de Fútbol Fundación Celta de Vigo

Do 24 ao 28 de xullo celebrarase en Tui o Campus de Fútbol Fundación Celta de Vigo

Ofértanse 80 prazas para rapaces e rapazadas de 4 a 11 anos. A inscrición está aberta ata o 21 de xullo


13 xuño 2017

Do luns 24 ao venres 28 de xullo celebrarase nas instalacións deportivas Álvarez Durán de Tui o Campus de Fútbol Fundación Celta de Vigo. A súa presentación tivo lugar esta mañá, na casa do concello, a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o director do Campus, Alexandre Abalde, e o secretario do Tyde, Quintín Areal.

Este Campus vai dirixido a rapaces e rapazas de 4 a 16 anos, cun máximo de 80 prazas. A inscrición está aberta ata o venres, 21 de xullo, en www.fundacioncelta.com podendo acadar máis información no 986 110 900. O prezo é de 130€ con carácter xeral, e de 115€ para aqueles participantes empadroados en Tui ou que sexan xogadores do Tyde.  Terá lugar en horario de 10 a 14h de luns a xoves, e o venres continuará pola tarde coa clausura e outras actividades nas que tamén poderán participar os pais.

Na presentación realizada esta maña o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradeceu á Fundación Celta de Vigo que siga pensando en Tui para levar a cabo esta actividade, xa que este será o segundo Campus na cidade, aos que hai que engadir dous clinics realizados nos últimos anos.  Engadía o rexedor que esta actividade forma parte da variada oferta deportiva que hai na cidade, puntualizando que se levará a cabo nas instalacións Álvarez Durán onde foi cambiado o céspede de herba artificial e se realizou un muro de contención. Actuacións ás que se sumarán outros investimentos para que este campo poida estar en óptimas condicións. Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, convidou a asistir a este Campus , e o secretario del Tyde, Quintín Areal, salientou que para o Tyde unha honra poder volver contar con este campus en Tui. O director do Campus, Alexandre Abalde, explicou as actividades que desenvolverán en distintas áreas  sempre co obxectivo común do aspecto lúdico do fútbol.


Outras novas

DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións
Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende