Noticias
www.elcaminoconcorreos.com

Correos presenta en Tui a súa web sobre o Camiño de Santiago


31 maio 2017
Tui

Correos presentou esta mañá en Tui a súa web www.elcaminoconcorreos.com na que se recolle información detallada de cada unha das etapas que conforman o Camiño Portugués a Santiago dende Tui ata Compostela. Amais do trazado de cada etapa, tamén oferta información sobre albergues e outros aloxamentos así coma dos teléfonos de interese. Nesta web Correos informa dos servizos que presta ao peregrino coma transporte de mochilas en cada etapa, de bicicletas ata o lugar de partida ou dende a Santiago ata o lugar de orixe, entre outros.

A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do director de zona de Correos, Ángel Pérez, e do xefe de reparto da oficina de Tui, Francisco López.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou a Correos por esta iniciativa, que contribúe tamén á promoción do Camiño Portugués. Destacou,  nunha nova ocasión, a importancia que o Camiño Portugués ten en e para Tui salientando que é "un dos elementos que nos singulariza".

O director de zona de Correos, Ángel Pérez, que este mesmo domingo comezará en Tui o Camiño Portugués a Santiago, explicou que a web non vai so dirixida aos peregrinos senón tamén a todos aqueles establecementos que ofertan servizos aos peregrinos. Trátase de facer máis cómodo o camiño ao peregrino e ao tempo de ofrecer un valor engadido. O xefe de reparto de Tui Francisco López, lembrou que na Oficina de Correos contan cun mataselos especial da Catedral para selar a credencial do peregrino, e constatou que cada vez se rexistra maior demanda no transporte de mochilas por etapas, que de Tui a Santiago ten un prezo de 24€.

A web www.elcaminoconcorreos.com recolle tamén en cada etapa o consello dos carteiros locais. No caso de Tui Mª José Uris recomenda aos peregrinos a visita ao Parque Natural do Monte Aloia. 


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa