Noticias
Exposición en Tui

A Sala de Exposicións Municipal de Tui acolle ata o 10 de xuño obra de seis artistas de Tomiño, Gondomar e Cangas

Presentan cadros en pequeno e gran formato que van dende o costumismo, ao realismo, impresionismo ou pop art


26 maio 2017

Diferentes técnicas, estilos e temáticas mestúranse na mostra colectiva de seis artistas que ata o 10 de xuño se pode visitar na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica. O nexo común entre todos eles é a paixón pola pintura que da un plasma no seu propio estilo.

Así presentan estes días a súa obra en Tui os tomiñeses Basilio Calzado de San Salvador de Tebra, Emilio Cabeiras de Santa Mª de Tebra, Luís Oliveira e Libia Domínguez de Goián, o gondomareño afincado en Pinzás Iago Riera, e a canguesa Violeta Vilas.

O realismo pero tamén o abstracto está presente nos cadros de gran formato de Basilio Calzado, nos que empregou diferentes técnicas coma óleo ou pastel ao óleo. Baixo a denominación de art brut presenta os seus cadros en técnica mixta Emilio Cabeiras, o impresionismo domina a  obra de Luís Oliveira, e o realismo costumismo de Libia Domínguez. Complétase a mostra co art pop de Iago Riera e as litografías realistas e abstractas de Violeta Vilas.

A exposición permanecerá aberta ao o sábado 10 de xuño, podendo visitarse de luns a venres de 9 a 15h e de 16 a 21h e os sábados de 9 a 15h.

Fotos


Outras novas

DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións
Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende