Noticias
Cine

Unha nova cita co cine ó aire libre na Praza do Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que o próximo luns 14 de agosto se proxectará a película de animación ¡Canta! na Praza do Concello ás 22.00h


11 agosto 2017
Ribadumia

Tal e como se ven facendo durante toda a programación das noites de verán, que nos están levando por diferentes xéneros artísticos, como a música, o cine, o teatro, a maxía, etc..

Nomeada ós Globos de Ouro e ós Premios Annie, trátase dunha das películas máis taquilleras dos últimos meses. ¡Canta! chega a Ribadumia para o disfrute de nenos e maiores. Ao mesmo tempo os cativos poderán aprender que se persegues os teus soños, estes fanse realidade. Promete non deixar indiferente a ninguén.

A data inicial da proxección estaba prevista para o 28 xullo pero a causa do mal tempo, houbo que pospoñelo para o próximo luns 14.

Xa o venres día 18 de agosto seguiremos coa axenda habitual das noites de verán na compaña da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia e a súa actuación "A música do século XVIII e XIX". En canto ó venres día 25 de agosto, volveremos contar coa actuación da Agrupación Músico-Cultural, pero nesta ocasión "Dende o Jazz ata o pop".

Animádevos a pasar un rato divertido.


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa