Noticias
Libro

Teatro para as noites de verán en Ribadumia

Teatro infantil "Os limpa limpa"


06 xullo 2017

O Concello de Ribadumia informa que este verán chega festivo, e que mellor que aproveitar as cálidas temperaturas da época estival gozando de entretemento ó aire libre.

Para isto chegan as noites de verán a Ribadumia, que acollerán música, maxia, teatro e cine os venres a noite na Praza do Concello. A hora prevista para todas as actuacións serán as 22 horas.

A semana pasada démoslle a benvida o libro de "Floreano", e este venres día 7 de xullo, chega o teatro infantil coa obra "Os limpa limpa". Momentos que se antoxan para desfrutar en familia mentres se comparte diversión o aire libre.

Xa a próxima semana chegará o cine de verán coa obra "Ballerina", e despois teremos "maxia a nivel do chan" con Martín Camiña e a obra cinematográfica "La Bella y la Bestia".

Na parte musical que chegará os venres de agosto colaborará coa programación a Agrupación Musico Cultural de Ribadumia. Traerán actuacións orixinais e diferentes como "música e cine" ou "dende o jazz ata o pop".

En canto os xoves animados, terán lugar durante o mes de agosto, completando así a oferta lúdica para os máis cativos.

Animádevos a gozar do entretemento das noites de verán!!


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións