Noticias
Cine

Ribadumia cantará coa película desta semana no cine de verán

¡Canta! Traerá diversión para grandes e nenos


26 xullo 2017

O Concello de Ribadumia informa que este verán chega festivo, e que mellor que aproveitar as cálidas temperaturas da época estival gozando de entretemento ó aire libre.

Para isto chegan as noites de verán a Ribadumia, onde ata o de agora desfrutamos de teatro, cine na Praza do Concello e maxia.

Esta mesma ubicación se manterá para as próximas actividades programadas, que cada venres as 22 h, ata final de agosto, chegan a Ribadumia para diversión e entretemento de nenos e maiores, creando espazos para o lecer en familia.

O próximo venres, 28 de xullo, tócalle o turno a unha nova cita co cine, neste caso coa película ¡Canta!, que fará que pasemos un rato divertido.

Esta é unha das actividades mellor valoradas polos veciños xa que achega o cine a todos, mentres se comparten momentos con familia e amigos.

Na parte musical que chegará os venres de agosto colaborará coa programación a Agrupación Musico Cultural de Ribadumia. Traerán actuacións orixinais e diferentes como "música e cine" ou "dende o jazz ata o pop".

En canto os xoves animados, terán lugar durante o mes de agosto, completando así a oferta lúdica para os máis cativos.

Animádevos a gozar do entretemento das noites de verán!!

Fotos


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións