Noticias
Obreiro

O Concello de Ribadumia vai asinar un convenio coa Xunta para a mellora e ampliación de tres camiños municipais


16 xuño 2017
Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que esta semana recibiuse comunicación da Xunta de Galicia respondendo a solicitude de colaboración trasladada dende o actual equipo de goberno para a ampliación e pavimentación de tres camiños municipais, que serían neste caso, un en Cruz (Lois), outro en Tabueiros (Sisán) e o último en Muiños Novos (Barrantes). Obras que alcanzan un valor de 42.012,75 €.

Dita colaboración será instrumentada a través da sinatura dun Convenio de Colaboración, polo que a Xunta de Galicia, e neste caso a Consellería do medio Rural a través do Plan de Infraestruturas Rurais 2017, asume a execución das obras de ampliación e pavimentación de camiños municipais polo 100% do valor.


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa