Noticias
Administración electrónica

O Concello de Ribadumia punto de referencia en comunicación online


18 xullo 2017

O Concello de Ribadumia informa que no ano que leva en funcionamento a nova páxina web do concello e a súa plataforma e app recibiron preto  de 30000 visitas a web e destaca o porcentaxe novas visitas, que vai en incremento, o que significa que aínda que tendo visitantes recorrentes hai moita xente que emprega os medios online do concello para manterese informado das últimas novidades, destacando aquí os eventos e actividades.

Destacar que en dito portal está o apartado de transparencia onde os veciños que o desexen poden ver entre outras cousas as declaracións de bens dos diferentes membros da corporación local. Tamén se pode acceder a outros documentos como  as actas dos plenos aprobadas ata o momento, ou o modelo de instancia para presentar no concello. O obxectivo é axilizar os procedementos para os veciños e que teñan a súa disposición a maior información posible. Do mesmo xeito  teñen dispoñible a información máis relevante e actualizada do  Concello, sobre actualidade ou cursos, por exemplo.

Deste xeito e para manter está vía, máis áxil de comunicación, dende o equipo de goberno animan  a todo o que o desexe a rexistrase como usuario para sacar non só o máximo proveito da páxina web, se non da plataforma do Concello que ademais de maior información, ofrece un servizo de alerta cando hai unha entrada nova en algún dos apartados. O que permite que os veciños poidan estar informados o momento.

Dito rexistro é áxil e fácil e totalmente gratuíto, así como totalmente seguro, xa que un aspecto fundamental nesta xestión e inversión foi a importancia de que a web, a plataforma e a app fosen totalmente seguras.

Xa son moitos os usuarios, pero cremos que poden ser moitos máis os que se beneficien deste formato de información.

Xunto a isto, destaca especialmente a presenza en redes sociais do Concello de Ribadumia, como por exemplo Facebook, onde os fans da páxina se incrementaron nun 50% no último ano, e as publicacións alcanzan entre 10.000  e 30000 persoas semanais, dato o que hai que unir o incremento das interaccións coas publicacións o que indica o interese do que se comparte neste portal.

O comportamento e seguimento das redes do concello, segue a manterse neste último ano, onde o seguimento por veciños doutros concellos ten un porcentaxe alto respecto os propios ribadumienses.

Polo tanto a valoración das novas ferramentas de comunicación online nestes último ano é positiva, xa que se consegue o obxectivo, achegar a información os veciños.


Outras novas

DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións
Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende