Noticias
Guarderia

O Concello de Ribadumia abre o prazo para solicitar as bolsas de material escolar

O Concello de Ribadumia informa que está aberto o prazo para solicitar as bolsas de material escolar para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria, para o curso 2017/2018


22 xuño 2017

Ente os requisitos para acceder a ditas axudas están o estar empadroado no Concello de Ribadumia, cursar os estudos correspondentes as axudas, ou non superar uns determinados ingresos mensuais.

Estas axudas veñen para dar apoio ano tras ano as familias de Ribadumia. Recordando que na última convocatoria, 2016, se resolveron favorablemente o 100% das solicitudes presentadas atendidas a trámite.

O prazo para poder solicitar estas bolsas remata o próximo 10 de xullo de 2017.

Para máis información poden  preguntar nos Servizos Sociais do concello en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións