Noticias
Festa do Viño Tinto

A Festa do Viño Tinto do Salnés, pecha esta edición con preto de 9.500 botellas de tinto vendidas


05 xuño 2017

O Concello de Ribadumia fai a súa valoración sobre a XLIV edición da Festa do Viño Tinto do Salnés,e destaca o éxito da mesma, tanto por número de veciños e veciñas que se achegaron, como de visitantes doutros concellos veciños e doutros puntos da xeografía española. Destacando tamén o éxito das actividades programadas para os tres días de festa, dende os pasarrúas, as actuacións na carpa ou na Carballeira de Barrantes, sen esquecer as actividades adicadas os nenos, ou as exhibicións de diferentes disciplinas como zumba ou patinaxe celebradas na tarde do domingo, onde tamén houbo novidades como body jump, cesteria ou tenis, así como os xogos tradicionáis que estiveron presentes durante toda a xornada de onte na Praza do Concello. Tendo xa o sábado pola tarde unha innovación na programación, coa exhibición canina de Agility.

No que respecta a venta de viño, nesta edición despacháronse aproximadamente 9500 botellas. Algo menos que na pasada edición, xa que ven condicionado ter sido unha colleita tamén inferior.

E sen esquecer o agradecemento a todas as casa comerciais publicitarias, a todos os viticultores e colleiteiros, a todos es veciños, veciñas e visitantes, a todos os colaboradores, e a todos os que fixeron posible que un ano máis a Festa do Viño Tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonas fose unha realidade.

E por suposto dar novamente a noraboa a todos os premiados e a todos os que presentaron os seus viños as catas, xa que según os expertos catadores, todos os viños que alcanzaron a derradeira cata serían merecedores dese primeiro premio, foi así o ano máis dificil en canto a puntuacións xa que todos estaban moi igualados.

 

 

Os colleiteiros agraciados foron:

1º premio tinto

Manuel Nuñez Señorans

Leiro

2º premio tinto

Jorge Padin Serantes

Ribadumia

3º premio tinto

Alba Mosteiro Falcón

Barrantes

4º premio tinto

Edelmiro Serantes Barral

Ribadumia

5º premio tinto

Antonio Gondar Muñiz

Ribadumia

6º premio tinto

Benito Carballa Varela

Leiro

1º premio autóctono

Daniel Abal Garcia

Ribadumia

2º premio autóctono

Rafael Vazquez Vazquez

Leiro

3º premio autóctono

Tirso Monteagudo Troncoso

Barrantes

4º premio autóctono

Carlos Castro Serantes

Ribadumia

5º premio autóctono

Albino Abal Barral

Ribadumia

6º premio autóctono

D´Arbelos

Vilalonga

 


Outras novas

DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións
Administración electrónica

21 agosto 2017, administración electrónica, implantación
conectadas 2017

20 agosto 2017, pontevedra, mondariz, a estrada, igualdade, vigo, conectadas, conectadas 2017, muller cultura, muller emprende