Noticias
Curso camareiro en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas dá formación gratuíta a 14 persoas para camareiros de bar e sala

O Concello acomete así o segundo curso de formación laboral deste ano e prepara xa novas iniciativas


24 maio 2017

Un total de 14 persoas paradas de Ponte Caldelas comezaron hoxe un curso de formación laboral, organizado polo Concello, para incrementar as súas posibilidades de colocación como camareiros/as de bar e sala.

O Goberno local tripartito, formado por PSdeG-PSOE, AVP e BNG, ofertou un total de 15 prazas, pero acabou admitindo aos 17 solicitantes. Non obstante, producíronse tres baixas de última hora de persoas que atoparon traballo. Polo tanto quedou unha vacante, que está dispoñible unicamente ata a xornada de mañá para as persoas que a soliciten no propio Concello.

O curso, que chega da man da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello, inclúe un total de 40 horas de formación. As clases ata o próximo 6 de xuño, sempre en horario de mañá, entre as 9.30 e as 13.30 horas. A formación é moi diversa e vai dende a busca de emprego pola Internet, á formación profesional propiamente dita, incluíndo un breve curso de cata de viños.

O alcalde, Andrés Díaz, participou hoxe na inauguración e destacou o esforzo que o Concello de Ponte Caldelas fai poñendo en marcha estas convocatorias de formación, completamente gratuítas, e dirixidas aos veciños e veciñas empadroados. Subliñou que trátase de iniciativas financiadas unicamente con fondos municipais e que encaixan tamén dentro da política municipal de fomentar o emprego no municipio, estratexia que está a dar  froitos grazas aos acordos co empresariado local.

O lugar elixido para impartir este novo curso volven ser as instalacións do Forga, no parque empresarial da Reigosa. A gastronomía e o apoio ao sector hostaleiro local é un dos eixes programáticos do novo Goberno caldelán, que xa hai un par de meses organizou un curso para cociñeiros especializado en tapas e petiscos.

O Concello ten tamén previsto novas iniciativas ao longo deste ano, entre elas a celebración dunha "master class" para hostaleiros locais con vistas á terceira edición do "Caldelas Tapas" do mes de xullo. Tamén está a traballar na preparación dun curso de Informática para maiores, moi demandado por diversos colectivos.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións