Noticias
Festa de fin de curso

Os máis cativos combateron a calor con escuma

Ponte Caldelas acolleu a I Festa de Fin de Curso


03 xullo 2017
Ponte Caldelas

A primeira edición da Festa de Fin de Curso, organizada conxuntamente pola asociación de comerciantes Coempo e o Concello, encheu de ambiente a fin de semana caldelán. Durante toda a tarde de domingo buliu de actividade a Alameda. O punto culminante chegou co canón de escuma, que fixo as delicias dos máis cativos.

Máis de 200 rapaces  asistiron a  un evento que serviu tamén para encher as terrazas das cafeterías do centro urbano, xerando un magnífico ambiente.

A proposta lúdica incluíu tamén inchables e diversos xogos de auga, que resultaron moi demandados diante da temperatura reinante ao longo do día.

 


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa