Noticias
Alcalde de Ponte Caldelas na fonte de Parada

O Concello instala fontes de auga en Parada e A Fraga

Os surtidores, ademais de abastecer á veciñanza, serven de punto de control para as analíticas da rede da traída municipal


26 xullo 2017
Ponte Caldelas

Os núcleos de Parada e A Fraga estrearon estes días novas fontes públicas de auga. A colocación responde a unha petición da veciñanza, pois carecían de surtidores en lugares onde hai concentración poboacional.

Os propios operarios municipais se ocuparon do deseño e elaboración das novas fontes, realizadas nunha columna de fundición sobre unha base de formigón e a súa correspondente drenaxe.

O Goberno local tripartito, apoiado polo PSdeG-PSOE, AVP e BNG, atendeu así desta forma unha petición que só é posible satisfacer nos núcleos que están abastecidos pola traída municipal.

A mellora serve tamén para cubrir a necesidade do Concello de diversificar os puntos de mostraxe para a análise da calidade e potabilidade da auga na rede municipal, pois a existencia de poucas fontes obrigaba, en moitas ocasións, a que as análises preceptivas se tiveran que facer coa auga de establecementos hostaleiros que, á súa vez, están moi concentrados no centro urbano. Agora, explica o alcalde, Andrés Díaz, será posible tamén que as mostras se recollan en puntos máis afastados.


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa