Noticias
Música

O cantante Raúl inaugura unha casa de aloxamento rural e visita a Festa Gastronómica da Emigración

O intérprete está en Galicia presentando o seu último "single"


07 xullo 2017

O cantante Raúl asiste mañá sábado á estrea dunha casa de aloxamento turístico ocasional en Ponte Caldelas e, a continuación, paseará pola Festa Gastronómica da Emigración. Estará acompañado polo novo emprendedor que pon en marcha esta iniciativa hostaleira, Carlos Couselo, e polo alcalde, Andrés Díaz.

O artista vitoriano está en Galicia facendo promoción do seu último single, que interpreta xunto ao gaditano Miguel Sáez. Un tema latino que leva por título "Me hace falta tu amor" e que comeza a soar xa nas emisoras musicais.

O responsable da casa turística ocasional coñece a Raúl dende hai anos, polo que contactou con el para pedir o seu apoio aproveitando a súa estadía en Galicia. Ao tempo, aproveita para darlle a coñecer o municipio de Ponte Caldelas, onde tamén se celebra un festival de música latina que está indo a máis.

Raúl estará en torno ás 14 horas na casa de aloxamento, situada no lugar de Caldelas 118B. A continuación paseará pola Alameda de Ponte Caldelas para apoiar a II Festa Gastronómica da Emigración e, acompañado do alcalde e do empresario, saudará ao público que se achegue.

A continuación dirixirase a Combarro, onde interpretará o seu novo single acompañado de Miguel Sáez, e pechará a xornada en Marín, onde é cabeza de cartel no II Marina Fest.

O alcalde agradece a iniciativa de Carlos Couselo por traer a Raúl a Ponte Caldelas, así como a súa aposta por reforzar a oferta turística do municipio, onde é frecuente alcanzar o 100% de ocupación. A planta hostaleira caldelá está composta, fundamentalmente, por establecementos de turismo rural e/ou aloxamento ocasional.


Outras novas

Rutas etnoarqueolóxicas do Ano do Patrimonio

23 agosto 2017, cultura, oia, ano do patrimonio, etnoexperiencias
premios provinciais xuventude

23 agosto 2017, pontevedra, deputación de pontevedra, premios provinciais á xuventude, premios xuventude, último trimestre
DELE

22 agosto 2017, xuventude, cohesión social, cursos, deputación de pontevedra, dele, cursos español, cursos intensivos de español
En ruta coa depo

22 agosto 2017, andainas, caminata, excursiones, excursións