Noticias
Surf Liméns Actividade

Éxito do minicampus de deportes de mar organizado polo Concello de Ponte Caldelas

Un total de 80 rapaces participaron nunha actividade patrocinada por Áurea, CHC Energía e o Liméns Windsurf&SUP Club


16 xuño 2017
Ponte Caldelas

O minicampus de dous días, organizado polo Concello de Ponte Caldelas, para achegar aos rapaces do colexio Manuel Cordo Boullosa aos deportes de mar concluíu con éxito e satisfacción por parte dos participantes.

Un total de 80 alumnos de 5º e 6º de Primaria gozaron desta oportunidade grazas ao patrocinio da provedora local de servizos de  telecomunicación, Áurea, CHC Energía e máis a ANPA "Verduxo". Unha alianza á que se sumou o "Liméns Wind&SUP Club", encargado de impartir a práctica.

A actividade, desenvolvida na praia de Liméns, ofreceu unha introdución ao windsurf, o paddle surf (especialidade que consiste en ir de pé sobre táboa e con remo) e o kayak de mar.

O Goberno local tripartito, integrado polos grupos do PSdeG-PSOE, AVP e o BNG, está moi satisfeito desta posibilidade de diversificar a práctica deportiva entre a mocidade caldelán e non descarta novos pasos para fomentar o paddle surf e o kayak, tanto no río Verdugo como no embalse de As Eiras.


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa