Noticias
Olimpicos

A exposición "De Pontevedra a Río 2016" fai parada no Centro Cultural de Ponte Caldelas

A inauguración será ás 13.00 horas de mañá, mércores


01 agosto 2017
Ponte Caldelas

O Centro Cultural de Ponte Caldelas acolle dende mañá, mércores e ata o próximo día 10, deste mes de agosto a exposición fotográfica "De Pontevedra a Río 2016", coa que a  Deputación de Pontevedra rende homenaxe aos deportistas olímpicos e paralímpicos da provincia que participaron na última edición dos Xogos de Río 2016.

A mostra será inaugurada polo alcalde, Andrés Díaz, e a deputada de Deportes, Chelo Besada, ademais de concelleiros do Goberno local (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) ás 13.00 horas. Poderá visitarse de luns a venres dende as 9.00 ás 13.30 horas.

Esta recompilación de fotografías cos olímpicos e paralímpicos pontevedreses xa pasou por varios concellos da provincia. As imaxes amosan aos 16 deportistas, nuns paneis individuais nos que se poden comprobar as súas traxectorias deportivas. Os 16 de "Río 2016" son Fernando Alarza Vicente, Juan Antonio Saavedra Reinaldo, Fernando Echávarri Erasun, María Bernabey Avomo, Támara Echegoyen Domínguez, Sebastián Rodríguez Veloso, Rodrigo Germade Barreiro, Martín de la Puente Riobó, María Teresa Portela Rivas, César Neira Pérez, Óscar Carrera Amandi, Gustavo Nieves Campello, Frank Casañas Hernández, Agustín Alejos Alonso, Jean Marie Okutu Kouletio e Susana Rodríguez Gacio.


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa