Noticias
Ocio

O Concello de Ribadumia selecciona persoal para a escola de ocio


07 xuño 2017
Ribadumia

O Concello de Ribadumia informa que xa se contan os días para que un ano máis se poña en marcha a escola de verán do municipio. Escola que ven a colaborar e contribuir a facilitar a conciliación familiar e laboral dos veciños e veciñas de Ribadumia. Aínda máis se cabe facilitando a opción de que este ano poidan contar co servizo de comedor.

Pero para que todo esto sexa posible, é preciso contar con profesionáis que coiden dos nosos nenos. Por tal motivo ata o próximo día 12 de xuño, os interesados poden presentar instancia para postularse como candidatos na selección de persoal para cubrir as vacantes de persoal laboral temporal de un animador sociocultural e de dous monitores de ocio e tempo libre, que se adicarán o desenvolvemento da escola de verán do Concello de Ribadumia.

Todos os interesados poden consultar as bases no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadumia, na web www.ribadumia.org; ou na plataforma do concello omeuconcello.ribadumia.org.


Outras novas

Estrada provincial Barro

17 outubro 2017, carmela silva, uxío benítez, mobilidade, barro, deputación de pontevedra, ep-0505
Plan Concellos 2017

15 octubre 2017, plan concellos 2017, vilagarcia de arousa