Encontro Provincial pola Inclusión

II Encontro Provincial pola Inclusión

Encontro encamiñado a reflexionar e resaltar o papel e o esforzo das persoas con diversidade funcional, ademais de darlle visibilidade ao traballo que diferentes entidades da provincia de Pontevedra desenvolven neste ámbito.

Obxectivo

Crear un espazo de aprendizaxe, intercambio e inspiración que promova a igualdade e a inclusión das persoas con calquera tipo de diversidade funcional e que expoña novas formas de participación, co obxectivo final de acadar unha provincia inclusiva e diversa e de darlles voz a todas as persoas.

Persoas destinatarias

O Encontro Provincial pola Inclusión está dividido en dúas xornadas ben diferenciadas que pretenden impactar de xeito específico nos seguintes colectivos:

  • Xornada técnica (Aforo completo)
    • Traballadoras e traballadores sociais
    • Educadoras e educadores sociais
    • Persoal técnico das entidades de iniciativa social e sociosanitaria
    • Persoal técnico das áreas de Mobilidade, Urbanismo e Obras dos concellos, especialmente da provincia de Pontevedra
    • Profesionais de entidades relacionadas
    • Profesionais do ámbito dos recursos humanos, da xestión de persoas e do desenvolvemento persoal e profesional
    • Orientadoras e orientadores laborais e profesionais afíns
    • Persoas con interese en estratexias de inclusión, sensibilización e diversidade
  • Xornada de convivencia
    • Persoas relacionadas con organizacións e entidades que desenvolvan o seu labor no ámbito da inclusión e da igualdade
    • Familias
    • Público xeral
Vídeos
  • 18/10/2017  Encontro pola inclusión. 'Resiliencia: A adversidade como oportunidade' a cargo de Joaquín Dosil

  • 18/10/2017  Encontro pola inclusión. As mulleres con diversidade funcional: integración laboral e social

  • 18/10/2017  Encontro pola inclusión. Desarrollo profesional e emprendemento dende a diversidade funcional

  • 18/10/2017  Encontro pola inclusión. Vida independente

  • 18/10/2017  Encontro pola inclusión. Ponencia de Antonio Jiménez Lara

II Encontro Provincial Pola Inclusión

1 - 2 de 2 albumes existentes

  • 19-10-2017 II Encontro Provincial Pola Inclusion - Xornada de convivencia
    19-10-2017 II Encontro Provincial Pola Inclusion - Xornada de convivencia
  • 18-10-2017 II Encontro Provincial pola Inclusión-Xornada técnica
    18-10-2017 II Encontro Provincial pola Inclusión-Xornada técnica