Día Mundial do Teatro

Día Mundial do Teatro

A Deputación de Pontevedra, con motivo da celebración do Día Mundial do Teatro, o 27 de marzo, e do Ano do Patrimonio, quere salientar a súa aposta pola promoción das artes escénicas na provincia.

Convocatoria para festivais musicais e de artes escénicas

Trátase dunha liña de axudas convocada neste exercicio por primeira vez para impulsar os sectores das artes escénicas e musicais, por considerar que se trata de elementos clave da creatividade artística e da dinamización cultural da provincia, e contribuír á promoción, protección e difusión do patrimonio cultural nestes dous ámbitos.

Consulta as bases aquí

Pontegal 2017

A Deputación de Pontevedra colabora cos concellos e as asociacións sen ánimo de lucro para que contraten actuacións de grupos, compañías e artistas inscritos neste programa. A principal novidade na convocatoria deste ano atópase no apartado de teatro, no que se establecen dúas categorías para compañías profesionais e unha para compañías non profesionais.

Consulta as compañías de teatro inscritas aquí