agenda
Exposición “As nosas senlleiras”

Exposición “As nosas senlleiras”

Desde 05 dec 2017 ata 22 dec 2017
Casa da cultura de Riomaior. Vilaboa
A mostra inclúe unha selección de 35 árbores que aparecen referenciadas de xeito individual, así como un mapa coas 48 árbores senlleiras e as 9 formacións de 41 especies botánicas que medran na provincia de Pontevedra. Teñen a consideración de senlleiras as árbores ou as formacións que, polas súas características extraordinarias ou destacables –tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza–, son consideradas reliquias botánicas con valor natural, científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental e merecedoras de especial protección.
Información
  • Inauguración: martes 5 de decembro, ás 19:00 h
  • Horario de visita: de luns a venres, de 08:30 a 20:30 h
  • Máis información