agenda
Exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”

Exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”

Desde 09 nov 2017 ata 10 dec 2017
Pazo provincial. Pontevedra
Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.
Información
  • Horario de visita: horario habitual de atención ao público