agenda
Proxecto Táctil O Porriño

Exposición “Proxecto táctil”

Desde 30 nov 2017 ata 29 dec 2017
Centro cultural. O Porriño
12:00 h
A exposición conta cunha serie de obras e pezas creadas por varias artistas con diferentes materiais e dirixidas especialmente ao público invidente ou con deficiencias visuais. As persoas videntes tamén están convidadas e facilitaráselles un anteface para gozar da experiencia. O traballo está feito por alumnas da Facultade de Belas Artes e da Escola de Moda Esdemga: Laura Álvarez, Andrea Domínguez Torres, Mari Luz Feijóo, Alejandra Lago, Loaira Peres, Pilar Picas, Yolanda Ríos, Irene Romero, Anabel Santos Leites e Renata Sierra.
Información
  • Inauguración: xoves 30 de novembro, ás 11.00 h
  • Horario de visita: de lunes a viernes, de 8.30 a 20.30 h