agenda
Exposición “Proxecto táctil”

Exposición “Proxecto táctil”

Desde 09 nov 2017 ata 24 nov 2017
Castro Tecnolóxico. Lalín
12:00 h
A exposición conta cunha serie de obras e pezas creadas por varias artistas con diferentes materiais e dirixidas especialmente ao público invidente ou con deficiencias visuais. As persoas videntes tamén están convidadas e facilitaráselles un anteface para gozar da experiencia. O traballo está feito por alumnas da Facultade de Belas Artes e da Escola de Moda Esdemga: Laura Álvarez, Andrea Domínguez Torres, Mari Luz Feijóo, Alejandra Lago, Loaira Peres, Pilar Picas, Yolanda Ríos, Irene Romero, Anabel Santos Leites e Renata Sierra.
Información
  • Inauguración: xoves 9 de novembro, ás 12.00 h
  • Horario de visita: de luns a venres, de 8.00  a 15.00 h