agenda
Exposición “As nosas senlleiras”

Exposición “As nosas senlleiras”

Desde 06 out 2017 ata 20 out 2017
Casa da Cultura A. D. R. Castelao. Moraña
A mostra inclúe unha selección de 35 árbores que aparecen referenciadas de xeito individual, pero tamén inclúe un mapa coas 48 árbores senlleiras e 9 formacións de 41 especies botánicas coas que a provincia de Pontevedra conta na actualidade. Teñen a consideración de senlleiras as árbores ou as formacións que, polas súas características extraordinarias ou destacables –tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza–, son consideradas reliquias botánicas con valor natural, científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental e merecedoras de especial protección.
Información
  • Inauguración: venres 6 de outubro, ás 17.00 h
  • Horario de visita: de luns a domingo, de 10.00 a 13.00 h e de 16.00 a 21.00 h 
  • Máis información