agenda
Exposición “Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala”

Exposición “Fasquías. Embarcacións tradicionais a escala”

Desde 14 set 2017 ata 03 out 2017
Auditorio Municipal da A Illa de Arousa. A Illa de Arousa
09:00 h
Exposición sobre maquetas de barcos incluída na programación do Ano do Patrimonio. A exposición, composta por 18 maquetas que reproducen embarcacións tradicionais galegas, vai acompañada dunha guía coas características das embarcacións tradicionais de toda Galicia. A guía leva por título Que embarcación é? Guía de embarcacións tradicionais de Galicia, editada pola Deputación, en colaboración con Culturmar e A Citania. Inclúe, ademais, un glosario mínimo sobre as diferentes partes das embarcacións, os tipos de velas e a tradición dos carpinteiros e das carpinterías de ribeira.
Información
  • Inauguración coa actuación Océano para terrícolas, de Xurxo Souto: xoves 14 de setembro, ás 12:30 h
  • Horario de visita: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h
  • Máis información