agenda
Exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”

Exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”

Desde 01 set 2017 ata 30 set 2017
Museo Municipal Manuel Torres. Marín
13:30 h
Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.
Información
  • Inauguración: venres 1 de setembro, ás 13:30 h
  • Horario de visita: de martes a venres, de 11:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h; luns e sábados, de 11:00 a 14:00 h