agenda
Exposición do Colectivo Espacio Cero

Exposición do Colectivo Espacio Cero

Desde 04 ago 2017 ata 18 ago 2017
Palacete das Mendoza, sala de exposicións. Praza de Santa María, s/n. Pontevedra
09:00 h
Esta mostra recolle traballos de artistas con idades e vidas moi diversas, desde aquelas e aqueles nados nos 80 ata os xa consagrados, con máis de 40 anos de carreira. Todos os traballos están realizados con técnicas e materiais moi diferentes, o que promove a afluencia de todo tipo de visitas, tanto de persoas próximas á arte coma das que non o son. O propósito é ofrecer a oportunidade de asistir a unha exposición que abarca estilos e tendencias opostas, o que creará unha idea máis ou menos obxectiva do que é a arte contemporánea.
Información
  • Horarios:
  • De luns a venres, de 9:00 a 21:00 h
  • Sábados, domingos e festivos, de 10:00 a 14:30 h e de 16:30 a 20:00 h
  • Díptico